OurenseÚltima hora

As Clarisas de Allariz elaboran mascarillas para distribuír na Diócese de Ourense

 

En plena pandemia, o Bispado de Ourense abríu unha nova sección na súa páxina web, para dar cabida a distintas iniciativas de parroquias o comunidades relixiosas para colaborar coa sociedade.

Unha desas iniciativas é a fabricación de material de protección na que traballan,  cunha rigurosa organización, moitas comunidades de clausura, que xa se puxeron mans á obra. É o caso das Clarisas de Allariz, que están traballando na fabricación de centos de mascarillas para distribuír na Diócese no contexto de emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus.

“Estas comunidades, con cuxa oración contamos sempre nos momentos difíciles, especialmente nestos que nos toocou vivir, comezaron agora, además, a cortar tela, coser, preparar os elásticos e planchar para que niguén quede sen estes protectores que serán fundamentais nos vindeiros meses”, explican dende o Bispado.

Artigos relacionados

Back to top button