En portadaEntroido 2024Galerías de fotosÚltima horaVídeos

As comparsas desafían á chuvia no desfile de Entroido en Vilamartín

 

A previsión meteorolóxica era de fortes chuvias para este sábado 10 de febreiro día do desfile de Entroido en Vilamartín de Valdeoras. Por iso dende o Concello decidían cambiar o percorrido da comitiva e comezar na praza rumbo á Rodeleira para rematar no pavillón de O Bañadoiro cunha gran festa con animación musical, churros e chocolate.

 

 

Confiaban en que o tempo aguantase e  estivo a punto pero xusto antes de empezar, comezaba a chover con forza. As comparsas participantes (unhas 15) de diferentes partes da comarca, aguantaban a chuvia e como recompensa, iniciado xa o desfile paraba de chover e escampaba ata saír o sol.

 

 

Un pouco deslucido ao principio pero coma sempre cheo de cor e fantasía, reivindicativo nalgúns casos, o desfile celebrábase con total normalidade a pesar do tempo.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button