
A Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá a partir das 18h. do vindeiro 7 de decembro as “II Xornadas do Entrudio”. A súa apertura correrá a cargo de Jorge Domínguez, presidente da Asociación Robreda e da Asociación Fulións Rurais de Viana.
Despois terá lugar a presentación da exposición “Viaxe polo mundo da máscara” e un relatorio sobre “As mulleres no Entroido” por parte da fotógrafa Mercedes Vázquez. Xa ás sete da tarde terá lugar unha interesante conferencia plenaria titulada “As comparsas e as disputas do Entrudio vianés do século XX”, impartida polo investigador Pedro Basalo, tamén membro da Asociación Robreda.
Estas xornadas sobre o Entrudio serán promovidas pola Asociación Cultura Robreda e pola Asociación Fulións Rurais de Viana do Bolo. A primeira edición das mesmas celebrábase en decembro de 2017.