EconomíaEconomíaÚltima hora

As consecuencias do Brexit para as empresas da provincia, nunha xornada en Ourense

Terá lugar a partires das 10:45h. na sede da Confederación Empresarial de Ourense

O Reino Unido é o segundo mercado en importancia para a lousa valdeorresa, despois de Francia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A próxima saída do Reino Unido da Unión Europea e as súas consecuencias para as empresas ourensás (boa parte delas do sector da lousa) serán o eixo central dunha xornada que se celebrará mañá 8 de outubro na cidade de Ourense e, máis en concreto, na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO).

O encontro leva por título “A empresa española ante o Brexit: como facer do Brexit unha oportunidade” e dará comezo ás 10:45h. cun acto inaugural a cargo do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; da delegada especial da AEAT de Galicia, Imelda Capote, e da presidenta da CEO, Marisol Nóvoa.

Deseguido, darase paso á ponencia “Perspectivas das negociacións para o Brexit e impacto na empresa galega” de Sergio Prieto, director territorial de Comercio e ICEX en Galicia; mentres que Lourdes Losarcos Escalera, xefa de área de Comercio Internacional de Mercadorías do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo; falará sobre a “afectación do Brexit no sector agroalimentario galego”.

O programa completarase coa intervención de Isabel Fernández Vizoso, xefa de sector ICEX en Galicia, que abordará as medidas para paliar o posible efecto Brexit,  “o cheque Brexit”.

Este seminario será organizado pola Secretaría de Estado de Comercio e polo ICEX España Exportación e Investimentos xunto coa CEO.

As empresas interesadas en participar poden inscribirse a través do enlace www.icex.es.

 

Artigos relacionados

Back to top button