En portadaGalerías de fotosÚltima hora

As Covas de Seadur (Larouco) abriranse ao público o Sábado Santo

Poderán visitarse unha vintena destas adegas soterradas nunha celebración que mestura tradición, viño, gastronomía e festa na tarde do 20 de abril
Participantes nunha edición anterior das Covas de Seadur./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tradición, viño, gastronomía e festa. Son os referentes das Covas de Seadur (Larouco), unha cita que chegará a súa 16ª edición o vindeiro 20 de abril, Sábado Santo. Esta celebración desenvólvese nun escenario moi especial: antigas adegas escavadas na rocha séculos atrás.

Un total de vinte covas abrirán as súas portas ao público nesta ocasión a partires das 18:30h. Para participar nesta ruta será necesario aportar un donativo de 12 euros no caso dos adultos e de 6 euros no dos nenos (7-12 anos). Os asistentes recibirán unha cunca de barro para degustar viño (branco, tinto, godello e mencía), auga e refrescos nas adegas, onde tamén se servirán suculentos pinchos (quentes e fríos), diferentes en cada unha delas. De seguro tampouco faltará algún que outro doce entre as propostas culinarias.

Ademais neste peregrinar festivo de cova en cova o ambiente estará animado pola música de Ouruxobruxo e polo ritmo da Charanga Nova Terras de Trives. Xusto antes do peche das covas (ás 22:30h.) a festa trasladarase á explanada, onde se instalará unha carpa e continuará a celebración ata a madrugada cun Dj. As Covas de Seadur serán organizadas pola Asociación da Ruta das Covas de Seadur coa colaboración co Concello de Larouco.

Artigos relacionados

Back to top button