EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

As empresas galegas da lousa invisten uns 718.000 euros na loita contra as doenzas profesionais

En particular, trabállase en previr a exposición ao pó e ao ruido, segundo sinala o Clúster da Pizarra de Galicia

Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O sector galego da lousa traballa na loita contra as enfermidades profesionais, principalmente daquelas derivadas da exposición ao pó e ao ruído. Así o vén de destacar o Clúster da Pizarra de Galicia, matizando que neste eido estase a investir, ao abeiro dunha convocatoria de axudas convocada en 2020, un total de 718.624,69 euros. “Desta cantidade, 396.069,24 euros proceden de axudas dispostas pola Vicepresidencia Segunda da Xunta e Consellería de Economía, tal e como consta no Diario Oficial de Galicia do pasado 5 de febreiro, e a cantidade restante foi disposta polas empresas beneficiadas”, segundo o citado organismo empresarial.

Así, a convocatoria de axudas do Goberno galego contribúe a sufragar sete proxectos de prevención de doenzas vinculadas á actividade laboral en seis empresas distintas do sector da pizarra.

Para o presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo, “a aposta pola seguridade laboral e pola saúde dos traballadores do sector constitúen duas premisas irrenunciables” e para iso “todas as axudas e subvencións públicas son benvidas”.

Artigos relacionados

Back to top button