DeportesÚltima hora

As enfermidades da fauna cinexética ou a xestión de residuos da carne de caza, entre as novidades dos cursos de formación da FGC

 

Como cada ano, a Federación Galega de Caza activa a súa aula virtual da Escola de Caza para convocar os cursos de formación, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Os cursos están dirixidos a directivos das sociedades de caza, responsables de cazarías, xestores cinexéticos, gardería, administrativos e, por suposto, a cazadores en xeral que desexen adquirir coñecementos tan importantes no eido da formación de responsables de sociedades de caza, seguridade na práctica cinexética, enfermidades da fauna cinexética e a manipulación no consumo de carne de caza e a xestión dos residuos non comestibles.

Os cursos estarán dispoñibles no campus virtual da FGC, as 24 horas do día e os 7 días da semana, desde o día 2 ata o día 27 de outubro. Durante este período os alumnos poderán conectarse á formación dende calquer punto de Galicia e nas datas e horarios que máis se adapten ás súas necesidades. Rematada a xornada de caza temos que facer un aproveitamento das pezas abatidas polo que inscribíndote a este Curso de Formación saberás facer un correcto manexo da carne de caza para o seu consumo seguro.

A matrícula é aberta e gratuíta, formalizarase enviando a escola@federaciongalegadecaza.com o boletín de matrícula dispoñible na web www.escoladecaza.gal ou en calquera das sedes da FGC. O prazo de matrícula remata o 20 de setembro.

_PROGRAMA CURSOS CAZA 2023

Artigos relacionados

Back to top button