
Unha semana despois da do Botelo no Barco, A Rúa terá a súa propia festa gastronómica. O vindeiro 28 de xaneiro celebrarase a XIV edición da esperada Festa do Codillo.
Coma sempre, e tralos dous anos de parón pola pandemia, será no pavillón polideportivo Victorino Núñez onde teña lugar, a partir das 14:30 horas o xantar popula (consomé, codillo, grelos, cachelos, chourizo, pan, viño, bica, café e licores), pero antes de ntes de dar paso á degustación, celebrarase o acto homenaxe desta edición no Centro Cultural Avenida.
Ás 13h dese mesmo día “renderemos unha homenaxe aos nosos maiores, pola súa importante contribución á sociedade e polas aprendizaxes que día a día brindan ás xeracións posteriores”, explican dende o Concello, adiantando que “reforzando un ano máis os lazos que unen A Rúa con Almendralejo, estará presente no evento unha delegación da localidade irmá”.
As entradas (19,95 euros) poranse á venda este domingo, 22 de xaneiro, dende as 11 horas na Casa da Cultura da Rúa. Cada particular poderá adquirir un máximo de 25 entradas.