OurenseÚltima hora

As festas de Ourense celebraranse do 19 ao 23 de xuño cunha programación “compacta”

 

As Festas de Ourense 2024 serán do mércores 19 ao domingo 23 de xuño. O goberno municipal aposta por manter o formato de festas con programación “compacta”, concentrando as actividades en 5 días, e facendo coincidir o seu inicio co remate do curso escolar, cando a rapazada e a mocidade inicia as súas vacacións. As festas coincidirán tamén, no seu remate, con outra festividade tradicional, como é o San Xoán.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciaba as datas das festas da cidade que, por terceiro ano consecutivo, terán un formato compacto, e ligarán o seu inicio á fin de curso escolar. Entende o goberno municipal que este modelo resulta “moito máis atractivo e operativo, e está acadar un éxito tremendo”, dada a grande participación por parte do público.

A Concellería de Artes e Festexos traballa na planificación da programación de actividades. O mercado medieval é un dos eventos xa confirmados da programación festiva, xunto coa presenza das tradicionais atraccións de feira, ou as actuacións de orquestras, para as que o Concello contará co “Big Four” de Galicia, é dicir, as 4 máis grandes orquestras de Galicia. As celebracións como todos os anos, rematarán coa tradicional tirada de fogos artificiais, na noite do domingo, 23 de xuño, Día de San Xoán.

Artigos relacionados

Back to top button