ConcellosQuirogaÚltima hora

As festas de verán de Quiroga 2022 incluirán a primeira concentración de parapente do val

Imaxe de arquivo de Quiroga en festas./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Quiroga vén de presentar o programa das súas festas de Verán que se desenvolverán entre o 4 e o 7 de agosto.

A festa da Comunidade, cunha gran paella no parque da Constitución, abrirá uns festexos que recuperan a festa da Xuventude. Actuacións musicais, espectáculos de animación infantil, orquestras e deportes nos que destaca por novidosa a primeira concentración de Parapente Val de Quiroga.

Catro días de numerosas actuacións musicais e de entretemento para nenos, mozos e maiores que rematarán o día 10 de agosto coa celebración da XXXI Mostra do Mel que estará amenizada pola charanga Lou Band.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button