ConcellosEn portadaParada de SilÚltima hora

As fortes chovias de fin de ano e ano novo causan graves destrozos en Parada de Sil

 

Despois de visitar varios núcleos de Parada de Sil, o alcalde deste concello, Aquilino Domínguez, acompañado polo técnico municipal e polo concelleiro de obras Manuel González, xa se pode facer unha primeira avaliación da desfeita provocada polas choivas torrenciais de fin de ano e ano novo.

“Aparte de retirar escombros arrastrados pola choiva en varias estradas municipais, esencialmente na que une Xunqueira de Espadañedo con Parada de Sil polo parque eólico, que moi utilizada por traballadores e visitantes, así como en outras pistas municipais, faise necesario unha reparación profunda en tres localidades do municipio”, tal e como se informa dende o Concello de Parada de Sil.

 

 

Dado que o importe, segundo valoración do técnico municipal estará en torno aos 50.000 euros, o concello fará un lote coas reparacións para licitalas xuntas á maior brevedade posible, de forma que as obras se fagan deseguido, solicitando “a comprensión dos veciños polas dificultades que ten que soportar nestes puntos”.

Un dos accesos clave á localidade de Teimende quedou inutilizado, ao levantarse o asfalto, polo que haberá que colocar tubaxes e reparar o firme. Tamén o acceso a Rabacallos, pobo no que hai dúas casas de turismo rural quedou desfeito tendo que facer en algún tramo unha nova pavimentación o mesmo que no acceso ó Porto onde se afundíu o firme.

 

Artigos relacionados

Back to top button