CulturaCulturaÚltima hora

As fotos do barquense Sindo Novoa, nunha mostra sobre a primeira onda da pandemia na Coruña

Poderá verse dende o vindeiro sábado e ata o 4 de abril no Porto da cidade herculina

Unha das imaxes coas que Sindo Novoa participa na exposición.

 

A partir do vindeiro sábado no Porto da Coruña poderá verse a exposición “Contra vento e marea”, unha selección de imaxes que retratan a primeira onda da pandemia do Covid-19, hai agora un ano. Reúne un testemuño gráfico que se converte tamén en homenaxe dos propios cidadáns ás persoas que traballaron en primeira liña durante os momentos máis duros da crise sanitaria, pero tamén a visión persoal, impresións e sentimentos en relación coa pandemia expresados a través de estampas da vida cotiá. Entre os fotógrafos que amosan a súas imaxes na exposición está o barquense Sindo Novoa.

A mostra nace dunha iniciativa, impulsada por a Autoridade Portuaria a través das súas redes sociais entre os meses de maio e xullo de 2020. Cada unha das fotografías relata unha vivencia persoal. “Evocan emocións, pensamentos e incertezas que todos compartimos ante as situacións insólitas provocadas por a crise sanitaria”, din os promotores da mostra, que permanecerá aberta durante todo o período de Semana Santa, entre o sábado 27 de marzo e o domingo 4 de abril. O horario será moi amplo, de 8.30 a 20.30 horas.

 

Outra das imaxes de Sindo Novoa na exposición.

 

As imaxes foron obtidas utilizando equipos moi diversos, desde cámaras profesionais ata dispositivos móbiles. Ademais, inclúense dous paneis nos que se explica, a través de textos e imaxes, o pasado, e a situación actualde os peiraos de Batería e Calvo Sotelo, que serán os primeiros en ser transformados para uso cidadán no proceso de urbanización da fachada marítima da Coruña.

Ao ser a primeira exposición que se realiza abrindo o peirao de Transatlánticos aos cidadáns, esta actividade servirá tamén para avaliar a operativa, cun dispositivo de protección e seguridade específicos.

Artigos relacionados

Back to top button