Galerías de fotosÚltima horaVídeos

As imaxes do incendio forestal en Éntoma

Publicidade

 

Éntoma é outro dos núcleos de poboación do Barco de Valdeorras afectado polo incendio forestal que está arrasando con media comarca.

A primeira hora desta mañá e tras cruzar o río, as chamas acercábanse perigosamente ás casas, tendo que saír os veciños con cisternas, mangueiras ou calquera outra cousa que tivesen a man para axudar aos medios de extinción a evitar un verdadeiro desastre.

 

 

Finalmente o vento cambiaba e o lume collía rumbo ás viñas arransando con varias e pasando rapidamente ata o veciño concello de Rubiá, onde si calcinaba máis dunha vivenda.

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button