Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

As inscricións para a II San Silvestre Montaña de Manzaneda estarán abertas ata o 26 de decembro

A carreira popular organizada polo Club de Montaña Trives celebrarase o 31 deste mes na estación de montaña

 

Ata o vindeiro 26 de decembro estarán abertas as inscricións para participar na II Carreira Popular San Silvestre Montaña de Manzaneda.

A proba, organizada polo Club Montaña Trives, celebrarase o 31 de decembro, ás 11:30 horas na estación de montaña. Trátase pois da última carreira do ano, cun percorrido circular de 4,5 km para todos os públicos, con moitos premios (para o primeiro clasificado masculino e feminino; primeiro corredor de maior e menor idade; e disfrace máis orixinal e grupal), sorteos e chocolate con bica ao rematar.

Dende a organización recomendan ir disfrazados.

 

Artigos relacionados

Back to top button