CulturaCulturaÚltima hora

As Letras de Florencio pasan a testemuña ao Concello da Lourenzá

 

Agora si que si. Na mañá do mércores 4 de decembro pechábase definitivamente o Ano de Florencio, coa visita a Lourenzá para pasar a testemuña das Letras Galegas. “Recibíronnos no Concello e deixamos un poema de Florencio tallado en castiñeiro e uns exemplares da antoloxía poética dedicada a Valdeorras publicada este ano”, explican dende As Letras de Florencio.

 

 

No acto estiveron, por Valdeorras Enrique Álvarez, alcalde Vilamartín de Valdeorras; Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco; Débora Álvarez, directora do proxecto; Joaquín Sánchez, presidente da Asociación Ruta do Viño; Luis Fernández, concelleiro da Rúa; e Elva Delgado, familiar de Florencio. Por Lourenzá, a alcaldesa Rocío García, o concelleiro de cultura Manuel Arango, e Isabel Vilalba e Xosé Lois Rivera, membros da Mesa Don Paco coordinadora dos actos das Letras en Lourenzá.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button