OurenseÚltima hora

As luces de Nadal xa iluminan a cidade de Ourense

 

O acendido das luces do Nadal do pasado venres 2 de decembro, en distintos puntos  de Ourense, “foi o acto festivo más multitudinario na historia da cidade”, aseguraba esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen detalla que “máis de 30.000 persoas abarrotaron a praza Maior e as rúas máis próximas, como Lamas Carvajal ou Bispo Cesáreo, así como a rúa do Paseo, Parque San Lázaro ou Santo Domingo, entre outras, o que supuxo a maior congregación de persoas na rúa nun acto festivo na cidade ou posiblemente de calquera outro acto na súa historia”.

 

Praza Maior de Ourense. Prendido das luces de Nadal do Concello de Ourense.

 

Pérez Jácome subliña que “o éxito dos eventos organizados este 2022 non ten parangón: o Entroido  as Festas de Ourense, Halloween, San Martiño e, agora, o Nadal”. Afirma a este respecto que “isto demostra que facemos festexos para chegar a unha gran maioría e non a unha minoría como se facía en grupos  de goberno anteriores”.

 

 

Así, o alcalde lembra a ampla oferta de eventos que a cidade de Ourense acollerá durante os próximos días,  coincidindo coa longa ponte do mes de decembro, que serve de preludio para o Nadal, dos que destaca:

    • Concertos na Praza Maior: Trío Somoza o luns día 5 ás 20 horas; e Broken Peach, o mércores 7 ás 20 horas.
    • Carrusel clásico gratuíto, na contorna da Ponte Vella, de 11 a 14 e de 16:30 a 20:30 horas.
    • Mercado navideño no Parque de San Lázaro, con espectáculos e animacións diarias ás 18 horas.
    • Festas de Mariñamansa, na explanada da Farixa: coa Orquestra París de Noia o venres 9, desde as 23 horas; e Festa da Mocidade con 5 DJ´s o sábado 10, de 20 a 4 horas.O alcalde adianta que “durante esta ponte de decembro instalaranse e acenderanse luces nalgunhas zonas onde ainda non se colocaron, se ben o 95% está xa operativo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button