As rúas de Vilariño de Conso enchíanse dun numeroso público para asistir a segunda xornada do VI Festival Internacional ViBoMask Mascarada Ibérica, que se desenvolvía ao longo da mañá do 12 de xaneiro. Cámara ou móbil en man, e sen perder detalle, seguían o devalar de cada unha das medio cento de mascaradas de diversos puntos da península, así como de Sardeña (Italia), que podían verse neste encontro que, por vez primeira, se abría a outras partes de Europa.
Entre os asistentes estaban as alcaldesas de Vilariño de Conso e de Larouco, así como o rexedor da Veiga, concelleiros de Viana, do Bolo e da Veiga e o deputado Celso Delgado.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
https://osil.info/vilarino-de-conso-pecha-con-exito-o-vi-festival-internacional-vibomask-mascarada-iberica/
Vídeos:
https://osil.info/videos-do-vi-festival-internacional-vibomask-en-vilarino-de-conso/