ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As mulleres piden na Rúa “un plan integral que protexa as nosas vidas do machismo”

Así o manifestaban na concentración que se celebraba ás 12h. deste venres xunto ao Centro de Saúde da Rúa

“Ateigamos A Rúa en sororidade con todas as mulleres que neste 8 de marzo faremos folga en todo o mundo!”. Deste xeito comezaba o manifesto que se lía, por parte Cecilia, na concentración celebrada na Rúa no mediodía deste 8 de marzo xunto ao Centro de Saúde da vila.

Numerosas persoas asistían a este acto no que tamén se pedía un “plan integral que protexa as nosas vidas do machismo e das violencias machistas, e que estea dotado de recursos económicos, sociais, médicos, xudiciais e políticos reais e eficaces”. Ademais incidíase en que neste 8 de marzo “facemos folga de mulleres”, entre outros motivos,  “para que o conxunto de coidados sexan asumidos polo conxunto da sociedade até que as leis eficaces con orzamentos e medidas concretas en materia de dependencia asuman a carga de traballo invisible e non remunerado de moitas mulleres no ámbito asistencial e dos coidados!”.

Ademais no manifesto asegurábase que “só saíndo á rúa seremos capaces de construír unha Galicia, un mundo e unhas vidas xustas igualitarias e libres para todas”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button