ConcellosO BarcoÚltima hora

As “Noites de Cine” do Barco regresan á praza Maior

Cada xoves dos meses de xullo e agosto proxectarase un filme ao aire libre

 

Coa chegada do verán e as altas temperaturas, volve ao Barco de Valdeorras o ciclo “Noites de Cine”, con proxeccións ao aire cada xoves dos meses de xullo e agosto na praza Maior.

Na presentación, a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta, explicaba que tras o ano pasado cando en plena pandemia de Covid desenvolveron as proxeccións en diferentes barrios e localidades do Barco, este ano decidían regresar ao lugar orixinal. “Volvemos á emblemática localización que xa se relaciona coas noites de cine, porque entendemos que xa imos volver á normalidade e as aldeas poderán retomar a actividade cultural”, asegura Marga, adiantando que o formato do ciclo mantense co mesmo formato de anos anteriores, coa novidade de que este ano “o cartel ten imaxe”.

A imaxe de setilo collage, que acompaña os carteis das nove películas que se proxectarán este verán, é obra de Carmen Dacal, catalana con orixes no Barco (fotógrafa e periodista) “que nos propuxo o deseño e quedei namorada del porque a parte de ser moi orixinal reflicte perfectamente o que son as noites de cine”, asegura Margarida. A autora, pola súa banda, explica que quixo que o espectador puidese mergullarse, con poucos elementos, na chamada do entretemento, máis necesaria que nunca nestes tempos. A elección do bañista mergullándose nas palomitas, símbolo popular das salas de cine, é unha alegoría aos veraneantes no río Sil; o fondo azul e a cor real do ceo nunha tarde-noite dunha foto tomada no Malecón; e o xarrón flocos de millo son un bodegón. “Quixen dar un pounto de glamour a esas noites de verán e cine nun espazo tan bucólico e especial”, asegura Carmen.

 

 

Con respecto aos filmes, o programador José María Rodríguez (presidente do Cine Club Groucho Marx) explicou que a primeira, que se proxectará o 1 de xullo ás 22:45h. será Jojo Rabbit “a que quedou tivemos que suspender o 13 de marzo do ano pasado no Teatro Lauro Olmo polo estado de alarma, nominada aos Óscar”, di José María. Do resto, a programación deste ano presta especial atención á poboación infantil con debuxos animados un por mes, e sairá publicado con trailer incluídos na web do Cine Club Groucho Marx, con filmes para entreter ao público como principal obxectivo.

Programación:

  • Xoves 1 de xullo, 22:45 horas: Jojo Rabbit.
  • Xoves 8 de xullo, 22:45 horas: La familia Addams.
  • Xoves 15 de xullo, 22:45 horas: Súper Agente Makey.
  • Xoves 22 de xullo, 22:45 horas: La llamada de lo Salvaje.
  • Xoves 29 de xullo, 22:45 horas: Dios mío, ¿pero qué hemos hecho… ahora?
  • Xoves 5 de agosto, 22:30 horas: Sonic, La Película.
  • Xoves 12 de agosto, 22:30 horas: Jumanji, Siguiente Nivel.
  • Xoves 19 de agosto, 22:30 horas: Padre no hay más que uno 2.
  • Xoves 26 de agosto, 22:30 horas: Puñales por la espalda.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button