ConcellosO BoloÚltima hora

As obras da deteriorada estrada que atravesa Barxa (O Bolo), seguen pendentes de execución

 

Cun presuposto que ronda os 100.00 euros, as obras da estrada que atravesa a localidade de Barxa, no concello de O Bolo e que deberían estar xa en marcha, continúan sen facerse. Tal como explica o alcade, Manuel Corzo, trátase de dúas obras diferentes contratadas pola Deputación de Ourense a dúas empresas “unha para o tramo dende Barxa ata Navallos e outra para o tramo dende Barxa ata O Seixo, pero ningunha das dúas empresas empezou a traballar e nin sequera contestan ao teléfono”. Neste pobo está tamén pendente o arranxo da ponte sobre o río Xares, cuxo piar central partía tras unha riada no inverno de 2019.

Corzo lamenta que  xunto a estas hai obras noutras estradas do municipio, tamén concedidas, que seguen sen facerse como o arranxo de varios accesos da OU 533 con pobos, especialmente Outar de Pregos e Lentellais que tamén están moi deteriorados.

Estas cuestións quedaban reflexadas no Pleno que o Concello de O Bolo celebraba o martes 2 de maio.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button