ConcellosÚltima hora

As obras da estación do AVE da Gudiña avanzan a bo ritmo tras o parón pola crise do Covid

 

As obras da construción da nova estación de alta velocidade “Porta de Galicia”, situada na Gudiña e dentro da LAV Madrid-Galicia, avanzan a bo ritmo logo do parón sufrido entre finais de marzo e abril polas medidas decretadas como consecuencia da crise do Covid-19.

“Os traballos están moi avanzados, pero non sabemos se se poderán cumprir os prazos despois do que pasou. Tamén hai certo medo pola posibilidade de que haxa rebrotes”, comenta o alcalde da Gudiña, José María Lago.

 

 

Esta estación, pertencente ao Corredor Norte-Noroeste de alta velocidade ferroviaria, estase a construír no termo municipal da Gudiña entre os puntos quilométricos 206/230 e 206/630 o tramo Lubián Ourense, no lado sur da plataforma da LAV Madrid-Galicia e “atenderá aos servizos ferroviarios de longa distancia en ancho estándar, característico da alta velocidade”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button