ConcellosÚltima horaViana do Bolo

As obras da estrada de San Agostiño (Viana) comezarán en breve

Así o vén de anunciar o alcalde vianés, Abelardo Carballo

O alcalde de Viana, Abelardo Carballo, co tenente de alcalde, Andrés Montesinos./ Cedida.

 

Era unha demanda histórica que en breve se vai converter en realidade. Nuns días comezarán as obras de reparación e acondicionamento da estrada de San Agostiño (Viana do Bolo), adxudicada á UTE Petrolam Infraestruturas SL e Arias Infraestructuras SA, que conta cun orzamento de 1,1 millón de euros. Así o vén de anunciar o alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo.

“A obra está adxudicada dende mediados de xullo, pero estivéronse tramitando permisos, asinando contratos, plans de seguridade, estudos… e agora xa va comezar nestes días. Teñen 8 meses para terminala. Este non é o período máis adecuado, pero hai moitas actuacións de movementos de terra, de suxeición de taludes e outras deste tipo que si se poden facer. Seguramente organizaranse para deixar para o mes de marzo ou abril os acabados, os asfaltados”, explica o alcalde vianés.

Ademais, Abelardo Carballo destaca que o “importante é que empezan as obras, é unha noticia moi esperada por todos, e ademais sabendo que levan  adxudicadas dende mediados de xullo. Egora parece ser que arrancan e esperamos que se vaia vendo pouco a pouco”.

 

Artigos relacionados

Back to top button