CulturaCulturaÚltima hora

As obras de sete artistas, na exposición ao aire libre que Portela de Portomourisco acollerá do 28 ao 30 de abril

A inauguración será o venres a cargo do presidente do IEV Aurelio Blanco Trincado

Obra de Lito./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ao máis puro estilo de MARCO Petín, Portela de Portomourisco (Petín) acollerá do 28 ao 30  de abril unha exposición de arte ao aire libre.

Organizado pola Asociación A Rabiosa coa colaboración do Concello a mostra que se ubicará ao longo da rúa Capilla, estará composta por entre 60 e 70 obras (pintura e tamén escultura) de sete artistas. Algúns xa consagrados como Lito e Carina da Rúa ou Díaz Ferrer e Xelo de Tremiñá do Barco e outros afeccionados da propia Portela.

O horario para visitar a exposición é de 19:30 a 23 horas e a inauguración será o venres 28 de abril a cargo do presidente do IEV Aurelio Blanco Trincado.

 

Artigos relacionados

Back to top button