ConcellosO BarcoÚltima hora

As obras na Igrexa de Santa Rita (O Barco) poderían durar dous meses

A reparación do tellado comezaba na mañá deste luns coa colocación dos andamios

 

Case dous meses despois do peche ao público, comezan as obras na Igrexa de Santa Rita no Barco de Valdeorras. Todo empezaba o 11 de febreiro, cando, ante as goteiras que se formaran no interior do templo que reblandeceron as placas de parte do falso teito co conseguinte perigo de caer, procedíase ao peche da igrexa ao público e aos cultos, aínda que durante un tempo mantiñen as portas abertas (cunha cinta cruzada para impedir o acceso) para favorecer o secado.

Nese momento procedían tamén a retirar as imaxes permanecendo á espera da visita dos técnicos para evaluar o estado do tellado. Un tempo despois e xa cos danos evaluados, na mañá deste luns 5 de abril os operarios da empresa aduxudicataria procedían á instalacións dos andamios para acceder ao tellado e dar solución ao problema. Unha obra que tal como explica o párroco poderá durar uns dous meses. “Depende de moitos factores, especialmente de se chove, pero se todo vai ben e non hai imprevistos falan de entre un mes e medio e dous meses máis ben”, asegura Tomás Rodríguez.

O presuposto da obra ascende a 84.252 euros “máis 4.840 euros do arquitecto”, puntualiza o párroco, andiantando que o Bispado aportará 50.000 euros. “O resto deberá aportalo a parroquia”, conclúe Rodríguez Carbajo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button