No Barco, en Vilamartín, na Rúa e tamén en Larouco. A afección pola petanca vai en aumento e mostra son os campos que hai para súa práctica só na comarca de Valdeorras.
Os últimos en construírse (catro pistas en dous campos) eran o do concello de Larouco, na zona recreativa a carón do pavillón municipal que se abrirán oficialmente o vindeiro sábado 26 abril no marco da Festa do Cordeiro cun torneo de inauguración.
Desenvolverase só de mañá, de 9 a 13 horas “para que nos dé tempo de asistir ao xantar”, di Rogelio, un dos organizadores, adiantando que participarán oito tripletas: dúas do Barco, catro da Rúa e dúas de Larouco “dunha delas formo parte eu mesmo”, di Rogelio.
Haberá tres premios (1º, 2º e 3º) e un de consolación.
Fotos: O SIL.



