CulturaCulturaÚltima hora

As postais de Nadal de Asfaval, están este ano adicadas a Florencio Delgado Gurriarán

 

No centro ocupacional de Asfaval (Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras) elaboran ao longo do ano numerosos artigos. Agasallos feitos polos usuarios que máis tarde poñen á venda, no propio centro e tamen en feiras e mercadiños. A piques de entrar de cheo no Nadal, entre eses artigos, están as postais coas que moitas empresas e tamén particulares felicitan as festas, e que este ano están a adicadas ao poeta de Córgomo Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado das Letras Galegas de 2022.

 

Tal como indica a directora do  proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez, trátase “dunha moi bonita iniciativa para colocar a Florencio nestas festas que dan inicio a un ano tan importante para Valdeorras como será o 2022”.
As tarxetas, con diferentes modelos, seguen á venda na sede de Asfaval, na urbanización Las Huertas, no Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button