DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

As rapazas do Rúa Valdeorras CF xogan este domingo en casa a semifinal da Copa ante o Atl. Arnoia

O partido comezará ás 18:30 horas no pavillón municipal da Rúa

 

Coa vitoria 4-3 ante o Carballiño FS, as rapazas do Rúa Valdeorras CF clasificábanse para a semifinal da Copa Galicia de fútbol sala feminino. Un partido que disputarán este domingo 22 de maio ás 18:30 horas no pavillón municipal da Rúa ante o Atlético Arnoia.

Tal como explican dende o club, trátase dun rival “moi complicado, dado que na liga as nosas rapazas non foron capaces a ganarlles ningún encontro e son as campioas de liga”. Dado o nivel de ámbolos dous conxuntos o do domingo será pois “un partidazo” e dende o cub valdeorrés convidan á afección a asistir. “Máis que nunca necesitan todo o voso apoio”, din.

Ese día, no descanso do partido, sortearase unha cesta de marisco doada por Restaurante Peyma.

 

Artigos relacionados

Back to top button