Dúas semanas despois do cuadrangular amigable de pretempada, o Rúa Valdeorras FSF e o Vianariño FS volvíanse enfrontar no Pavillón Victorino Núñez da Rúa, desta volta xa en plena liga na Primeira Futgal e cun resultado moi parecido.

Cun contundente 7-0 se resolvía o derbi de fúrbol sala feminino disputado na tarde do sábado 12 de outubro na Rúa. No minuto 9 era Anxela quen adiantaba ao conxunto local, sendo Nerea quen poñía o 2-0 no minuto 17. A partir de aí as de ‘Jovito’ seguían anotando sen dar opción as rapazas do Vianariño. Carlota marcaba no 23′ e tamén no 47′; Marta no 35′; e Nerea facía triplete anotando dous goles máis, no minuto 38 e no 49′.

Con este resultado e trala vitoria espectacular vitoria 1-10 no pavillón de Os Toxos D’Ouro Futsal, o Rúa Valdeorras FSF sitúase como líder da clasificación. O seguinte partido será no Pavillón dos Remedios, en Ourense, contra o Cidade de As Burgas FS ‘B’.

O Vianariño pola súa banda leva dúas derrotas noutros tantos partidos situándose no fondo da clasificación. O seguinte partido para será en casa contra A Gudiña FS.


Fotos: Rúa Valdeorras FSF.



