A comunidade galega rexistra un total de 657 casos de coronavirus en usuarios de residencias da terceira idade, segundo a última actualización de datos (de onte á última hora da noite) da Consellería de Política Social.
No caso da provincia de Ourense son 224 os positivos de residentes, coa seguinte distribución por centros de maiores: 22 na Residencia Ntra. Sra. de Fátima (O Barco de Valdeorras), 14 na Res. Castro Caldelas, ademais dunha persoa falecida; 41 San Carlos (Celanova), ademais dúas persoas falecidas; 1 na Res. Lecer Avoíños (Coles),106 na Ntra Sra de La Esperanza, San Rosendo (Ourense), ademais de oito persoas falecidas; 35 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense), ademais dunha persoa falecida; 3 na Res. Galisenior (Ourense), 1 na Res. DomusVi Pereiro (O Pereiro de Aguiar) e 1 Res. Ramirás (Ramirás).
Hai ademais en Galicia 232 traballadores de residencias con COVID-19, dos que 87 están en centros da provincia de Ourense: 1 na Residencia Alvetus (Avión), 4 na Residencia Nosa Señora de Fátima (O Barco), 5 na Res. Castro Caldelas, 18 na San Carlos (Celanova), 3 na Res. San José, Hermanitas (Ourense); 34 en Ntra. Sra. de La Esperanza, San Rosendo (Ourense); 19 na Res. Divino Maestro, San Rosendo (Ourense); 2 na Residencia Os Gozos (O Pereiro de Aguiar) e 1 Residencia Maiores A Porqueira.
“No día de onte rexistráronse oito novos falecementos en centros residenciais de maiores: tres persoas na residencia Barreiro, dúas persoas na de Cangas, unha persoa na residencia de Celanova, unha persoa en Nuestra Señora de la Esperanza e unha persoa na residencia El Portazgo (A Coruña)”, indica Política Social.
Ademais a estes 311 casos activos (entre traballadores e usuarios) en residencias da provincia, hai que sumarlle tres usuarios de centros de discapacitados ourensáns (1 en Aixiña e 2 Santa Cruz San Rosendo) e dous traballadores de Aixiña, segundo os datos de Política Social.
Estes datos estatísticos non se inclúen nestes momentos nas estatísticas de casos activos do Sergas.
Máis información:
https://osil.info/a-area-sanitaria-de-ourense-ten-201-ingresos-por-coronavirus-deles-15-no-hospital-de-valdeorras/