OurenseÚltima hora

As visitas á Acrópole de Monterrei achéganse ás 3.000 persoas no período festivo da Semana Santa

acadouse a cifra de 2.908 visitantes dende o pasado 13 e ata o 17 de abril. A maior cifra, con máis de 800 persoas rexistradas, acadouse o día 15, segundo a Oficina de Turismo

Imaxe cedida.

 

Unha vez analizados os datos rexistrados nesta Semana Santa na Oficina de Turismo de Monterrei, acadouse a cifra de 2908 visitantes dende o pasado 13 e ata o 17 de abril.
“A maior cifra, con máis de 800 persoas rexistradas, acadouse o día 15. A procedencia dos mesmos concéntrase en persoas de Galicia, cunha porcentaxe superior ó 60%, o restante 40% son persoas chegadas do centro e sur da península ibérica con boa parte da comunidade de Madrid e unha parte delas chegaron da parte central e sur do país veciño”, tal e como se destacada dende a Oficina de Monterrei.

A tipoloxía de turismo obecede a un turismo familiar, recibíronse numerosas familias con cativos e tamén a presenza de Monterrei en aplicacións para o descanso de viaxeiros de autocaravanas fixo que houbese unha boa presenza deste tipo de turismo. Tamén varios grupos organizados fixeron parada para a visita guiada á entrada ou saída de Galicia neste período. Tamén teñen constancia de presenza de peregrinos a pé e en bicicleta que pasaron por Monterrei aproveitando as datas para facer o Camiño de Santiago.

As prazas hotelerias dentro do concello de Monterrei tiveron reservas por riba do 90% durante toda a semana acadando o 100% de ocupación nos días festivos do 14 e 15 de abril.

As actividades propostas pola oficina de turismo tiveron unha boa participación dende a relaxación do Ioga no patio das damas do castelo, do xoves 14, ata o paseo pola fortaleza coñecendo plantas aromáticas do domingo 17, explican dende esta oficina. Así mesmo, as visitas guiadas ofrecidas pola oficina de turismo, tiveron reservas e participación nos tres turnos ofertados por día.

Artigos relacionados

Back to top button