ConcellosÚltima horaVerín

As Xornadas de Folclore chegarán a Verín o 14 de agosto

 

Verín será, un ano máis, un dos escenarios da XXXIX edición das Xornadas de Folclore. Unha cita prevista para o 14 de agosto na zona verde de A Preguiza a partir das 22:30 horas.

Nesta edición, a vila do Támega contará coas actuacións de destacados grupos como a Fundación Ballet Folclórico de Nobsa, de Colombia, que recreará cos seus bailes o impacto da historia colombiana en escenarios rexionais; tamén actuará Yuan Yuan Dance Group de Taiwán, que representarán as festas máis típicas do seu pobo; e o grupo SREM de Serbia, formado por máis de 200 membros e situado na cima da sociedade folclórica de Belgrado e Serbia.

Estas actuacións, organizadas pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, enmárcanse nunhas Xornadas que percorren toda a provincia de Ourense durante o mes de agosto, contan co apoio da Xunta de Galicia e neste caso coa colaboración do Concello de Verín.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button