CulturaCulturaÚltima hora

As XXIV Xornadas Micolóxicas de Trives reúnen a preto dun cento de persoas na charla dos ‘Cogordos’

Organizadas polo Club Montaña Trives, desenvolveranse ao logo da fin de semana incluíndo o IX Concurso da Tapa Micolóxica

Charla a cargo da Asociación Micolóxica Os Cogordos en Trives./ Foto cedida.

 

A Pobra de Trives está a vivir unha intensa fin de semana en torno aos cogomelos, da man do Club Montaña Trives.

Na tarde do venres 8 de novembro poñíase en marcha o IX Concurso da Tapa Micolóxica no que participan 14 establecementos de hostalaría e na mañá deste sábado día 10 daba comezo a XXIV edición das Xornadas Micolóxicas.

 

 

Coma sempre o programa encetábase ben cedo, en torno ás 9:30 horas, coa charla no IES Xermán Ancochea Quevedo a cargo da Asociación Micolóxica Os Cogordos de Ourense, á que asistían 88 persoas que unha hora despois saían ao campo na procura dos cogomelos que máis tarde serán identificados, clasificados e expostos no patio interior da Casa Grande.

 

 

A mediodía haberá un xantar Gourmet no Hostal La Viúda.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button