En portadaÚltima hora

Ascenden a 21 os casos de Covid en Valdeorras, 2 máis que onte

Nas xornada deste venres 21 de maio, os concellos do Barco e A Rúa rexistran un positivo máis cada un

Paseo do Malecón, no Barco. /Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Unha xornada máis continúa a suba, aínda que lixeira, dos casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 21 positivos na xornada deste venres 21 de maio, 2 máis que onte (1 no Barco e outro na Rúa), segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No caso do Barco de Valdeorras hai 17 casos activos, 1 máis que onte, cunha incidencia acumulada para este concello de >75 e ≤125 a sete días e de >50 e ≤150 a catorce días. A Rúa pola súa banda, rexistra 2 positivos, 1 máis que onte.

No resto de concellos da comarca mantense a estabilidade. Rubiá e Vilamartín de Valdeorras seguen con 1 positivo cada un e o resto permanece libre de Covid.

2 ingresos no Hospital de Valdeorras

Tamén se repiten os datos en canto a hospitalización na comarca. O Hospital Público de Valdeorras continúa con 2 persoas hospitalizadas en planta por Covid. No referente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense son 9 os ingresos, 3 deles na UCI e o resto en planta; mentres que o Hospital de Verín segue libre de virus.

Artigos relacionados

Back to top button