SanidadeÚltima hora

Asfaval vive unha sesión de ‘mototerapia’ en Viloira con Moteiros Solidarios de León

 

En xullo de 2019 a festa de inauguración da residencia de Asfaval, no Barco de Valdeorras, contou coa asistencia dos Moteiros Solidarios de León que fixeron pasar un día inesquecible aos usuarios aos que converteron en verdadeiros afeccionados.

Tres anos despois e superada xa a pandemia de Covid, na mañá do domingo 5 de xuño un grupo de 12 moteiros dese mesmo colectivo volvían ata O Barco, desta volta ata a praza de Viloira, para desenvolver unha nova sesión de ‘mototerapia’ cos usuarios de Asfaval. Trátase dunha actividade de estimulación moi saudable e fructífera para as persoas con problemas de comunicación e interacción social, na que participaron as familias, os usuarios e tamén a directiva da asociación.

Tal como avanzan dende Asfaval, colaboran moito cos Moteiros Solidarios de León e a idea é repetir  “porque lles vai moi ben aos rapaces”, aseguran.

 

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button