OurenseÚltima hora

Asociación Cultural “A Truhlada” organiza as I Olimpíadas Populares en Cambeo (Coles)

Serán o sábado 23 de setembro e incluirán probas como tiro de corda, brilé, movemento de marco ou carreiras de sacos

Este sábado 23 de setembro terán lugar en Cambeo, no concello de Coles, as I Olimpíadas Populares organizadas pola recente Asociación Cultural “A Truhlada”.

A xornada comezará as 11h. con xogos tradicionais para todas as idades. Ás 12h. haberá unha sesión vermú con posterior xantar (10 euros con opción vegana) e xa ás 16:30h. comezarán as Olimpíadas Populares con probas como tiro de corda, brilé, movemento de marcos, carreiras de sacos,…

Tal como explican dende a organización, é preciso formar equipos de mínimo 5 persoas cunha inscripción de 5 euros por equipo, podendo facelo no mesmo campo antes de que comecen os xogos. Tamén haberá música en directo para amenizar o día e moita troula.

 

 

Esta actividade é a carta de presentación dun proxecto que ten como obxectivo “construír espazos para o lecer e criar oferta de actividades culturais nunha zona rural, sen depender da cidade e dos desprazamentos; recuperar a memoria histórica e fomentar o coñecemento e a valoración dos nosos espazos naturais e do noso patrimonio; e garantir a transmisión de saberes populares e as formas de vidas baseadas no comunal, na axuda entre veciñas e no aproveitamento de recursos próximos e dun xeito respectuoso, como chaves para un mundo sostible”, explican dende A Truhlada, engadindo que tamén pretende “por en andamento iniciativas que alenten a vida no noso rural e eviten a emigración; e dignificar a vida no rural e a lingua na que sempre se expresou, forxada durante centos de anos na relación dun pobo e unha terra”.

Artigos relacionados

Back to top button