Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Asociación de Propietarios de Mascotas de Ourense celebra o día do gato

A Asociación de Propietarios de Mascotas Ourensanas (APMOU) celebrou na tarde do 24 de febreiro o Día do Gato. Con motivo desta conmemoración, organizaron unha charla coa experta veterinaria de felinos, Deborah García titulada “Canto sabes do teu gato?”.

Como en todos os eventos que fai esta asociación, a entrada ao mesmo non se pagaba con cartos, senón achegando latas de comida ou penso para gatos. Asemade, ademais do relatorio, organizaron sorteos de paquetes con produtos para gatos así como o sorteo de dúas noites nas Cabañas de Lires. As achegas dos participantes foron doadas á Patrulla Callejera e ás Colonias de Gatos de Ourense.

A secretaria da asociación, Luz Dacoba, salientou que os participantes “estiveron encantados coa poñente” así como a alta participación e número de asistentes á mesma, entre os que estivo a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy.

Fotos: Cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button