OurenseÚltima hora

A Asociación Fotográfica O Potiños expón en Ourense

A mostra de 22 imaxes forma parte do Outono Fotográfico e inaugúrase mañá no Centro Cívico A Cuña

mais_ala-1

Mañá sábado día 3 de decembro ás 19 horas inaugurarase no Centro Cívico A Cuña de Ourense, a exposición colectiva da Asociacion Fotográfica O Potiños do Carballiño.

Baixo o título “Máis alá”, a mostra englóbase dentro do Outono Fotográfico 2016, un festival no que a asociación leva anos participando “colaborando coa Fundación Benito Losada, aportando exposicións ou expoñendo nos espazos locais diversas mostras que participan no festival”, din dende O Potiños.

A exposición consta de 22 fotografías e na mesma recóllense traballos de case todos os membros da asociación fotográfica carballiñesa co denominador común da temática deste OF 2016 “dentro/fóra”.

Artigos relacionados

Back to top button