ConcellosSen categorizar

Asprona Bierzo visita Asfaval no Barco

Os usuarios da asociación de discapacitados berciana que forman o coro, cantaron para os valdeorreses
Os membros de Asfaval con Asprona./ Foto: Mónica G. Bellver
Os membros de Asfaval con Asprona./ Foto: Mónica G. Bellver

Na tarde do 10 de xuño, un grupo de 25 usuarios da entidade Asprona Bierzo, achegáronse ata a sede de Asfaval (Asociación de familiares de personas con discapacidade intelectual de Valdeorras) na Urbanización Las Huertas de O Barco, para coñecer as instalacións e compartir unhas horas cos atendidos pola asociación valdeorresa.

A entidade berciana Asprona atende na actualidade a 180 persoas, entre o centro de día, o ocupacional e o de emprego. Tamén contan cun coro que foi o que se achegou ata O Barco, ofrecendo un concerto para tódolos asistentes.

“O centro está moi ben organizado e funciona dende hai moitos anos, por iso quixen convidalos a pasar unha tarde connosco, nun encontro entre asociacións” explica a presidenta de Asfaval Amelia Blanco, que se mostra moi contenta e agradecida coa fundación ONCE que vén de liberar o 90% da subvención que lles tiña concecido hai xa tempo. “Será para pagar a débeda que temos con Ayasa e o outro 10% retéñenolo ata que consigamos abrir a residencia” explica Amelia, algo polo que seguen loitando organizando entre outras actividades, respiros e campamentos.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button