ConcellosÚltima horaVídeosVilamartín

Assia e DJ Isra animan a verbena do sábado en Vilamartín de Valdeorras

Hoxe é o día grande das Festas de San Xurxo co procesión ás 13 horas

 

Vilamartín de Valdeorras está en festas. Dende o venres e ata hoxe, esta localidade valdeorresa celebras as súas festas patronais na honra a San Xurxo, cun completo programa de actividades lúdicas, relixiosas, culturais e deportivas para todos os públicos.

Na noite do sábado 22 de abril e malia a chuvia intermitente o baile corría a cargo do grupo Assia que chegado dende Asturias facía bailar ao númeroso público reunido baixo a carpa na praza José Luis Núñez, ao ritmo dos cásicos do rock en español e en inglés, de hoxe e de sempre. A nota disco poñíaa DJ Isra que encandilaba á xuventude.

 

 

As festas chegan así á derradeira xornada, neste domingo 23 de abril con procesión e misa solemne coa imaxe de San Xurxo e da Virxe ás 13 horas; sesión vermú coa charanga Brexit; actividades infantís ás 16:30 horas; e fin de festa coa orquestra Orquestra Royal a partir das 20:30 horas.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button