CulturaCulturaÚltima hora

Astronomía, baile tradicional e exposición fotográfica sobre o Entroido, no Verán Cultural de Manzaneda

Exposición sobre o Entroido de Manzaneda de Carlos G. Hervella./ Foto: Concello de Manzaneda.

 

Desfrutar do ceo nocturno e das Perseidas á beira do Monumento Natural do Souto de Rozabales, da música e do baile tradicional ou do carácter ancestral do Entroido de Manzaneda a través da fotografía. Son algunhas das propostas preparadas polo Concello de Manzanda dentro do “Verán Cultural” para a semana do 14 ao 20 de agosto.

Así para o 16 de agosto está previsto un paseo nocturno con observación de Perseidas con saída ás 22h. dende a Porta da Vila, na tarde do 17 de agosto haberá actuación de música tradicional ás 20:30h. na pista da piscina e o 18 de agosto está prevista a inauguración da exposición fotográfica “Entroido de Manzaneda”,  da autoría de Carlos G. Hervella, no antigo cárcere ás 20h.

 

Artigos relacionados

Back to top button