PolíticaÚltima hora

ATI asegura que nin o partido “nin o seu equipo se integrarán” no PP nas municipais

O presidente da Agrupación Trivesa Independente vén de emitir un comunicado no que tamén sinala que esta formación “aínda está a tempo de concorrer ás vindeiras eleccións municipais”
Francisco José Fernández, ex alcalde de Trives e presidente de ATI.

Tras a noticia feita pública dende o PP de Ourense de que o actual alcalde de Trives Domingo Diéguez da Agrupación Trivesa Independente (ATI) e o seu equipo se integrarán no PP nas vindeiras eleccións locais, o presidente de ATI e anterior alcalde trivés, Francisco José Fernández Blanco, vén de emitir na mañá do 29 de xaneiro un comunicado no que se amosa a súa sorpresa.

Amósase “sorprendido, non pola persoa que encabezará esa lista, senón polo feito de que se manipule e minta, afirmando que integrando así a formación que preside como alcalde, ATI, e o seu equipo… Nin se integra ATI nin ao seu equipo. Outra cousa é a liberdade coa que, individualmente cada persoa decida concorrer no partido que considere”.

Francisco Fernández sinala ademais que “ATI está a tempo de concorrer ás vindeiras eleccións municipais. Digo isto porque continúo sendo presidente de ATI, que non celebrou ningunha asemblea, nin sequera para tomar unha consideración dese calado. ATI representa uns valores e uns ideais que se atopan nas antípodas do PP é, en particular, das que practica o PP ourensán”.

 

Artigos relacionados

Back to top button