
Na madrugada deste sábado 23 de decembro, producíase un atropelo no Barco de Valdeorras. Tal como informan dende a Policía Local, pasada a 1:30 horas un operario da empresa de recollida de lixo do Barco resultaba atropelado mentres facía o seu traballo no centro da vila.
Ao parecer o traballador, membro da directiva do CD Rúa, estaba recollendo o lixo cando un coche daba marcha atrás, facendo unha maniobra extraña e collíaño de pleno, producíndolle importantes lesións ata o punto de ter que ser trasladado ao Hospital de Ourense, onde continúa.
Segundo a Policía Local, o condutor do vehículo dábase á fuga e unha vez localizado comprobaba que superaba o límite da taxa de alcohol permitido. Estanse tramitando as dilixencias oportunas.



