EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Auditoría da ENAC no CRDO Valdeorras

O resultado da mesma, que condicionará a obtención da acreditación que esixe a Unión Europea, coñecerase nos vindeiros meses
Viñedos amparados pola D.O. Valdeorras.

Do 14 ao 16 de febreiro un equipo de traballo da Entidade Nacional de Certificación (ENAC) levaba a cabo unha auditoría no Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, cuxos resultados poderán coñecerse nos vindeiros meses. O feito de que a conclusión deste traballo fose positiva suporía a obtención da certificación segundo a norma UNE-EN ISO/IEC 17065, “o que posibilitaría que o consello puidera certificar os nosos viños, reforzar a marca Valdeorras e abrir novos mercados para os nosos brancos e tintos”, segundo indica o presidente do consello valdeorrés, José Luis García Pando.

Ademais o presidente da DO Valdeorra asegura que o equipo de ENAC ten detectado nesta visita unha “notable melloría en relación á primeira auditoría do organismo na comarca, realizada no 2014. A acreditación da ENAC é unha esixencia da Unión Europea para os consellos reguladores. Nas auditorías desenvolvidas no CRDO Valdeorras comprobouse o cumprimento dos diversos “parámetros necesarios para a obtención da certificación, entre eles o das cantidades de uva e viños producidos ou o desenvolvemento de determinados procedementos de control da actividade vitinícola na comarca”, segundo o órgano réctor valdeorrés.

Artigos relacionados

Back to top button