SanidadeÚltima hora

Aumentan os casos activos de coronavirus na provincia, cun total de 489

O Hospital de Valdeorras mantén 6 ingresos, mentres o de Verín baixa a 3 e o de Ourense rexistra 25

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Volven subir os casos activos de coronavirus, neste sábado a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Así, segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade, actualizados ás 18h. do 20 de decembro, na provincia hai 489 positivos (18 máis que onte), dos cales 30 están hospitalizados en planta (2 menos que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). Soben así mesmo os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 42 (fronte aos 13 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras mantén 6 persoas hospitalizadas en planta (cifra que se mantén dende o sábado), mentres o Hospital de Verín ten 3 en planta (1 menos que onte), e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 21 en planta (1 menos que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.154, con 7.357 curados e 307 falecidos, o último rexistrábase onte no Hospital Universitario de Ourense, tratábase dunha muller de 85 anos que tiña patoloxías previas. Polo de agora lévanse realizado 129.829 probas PCR e 66.545 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button