ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Auténticas xoias sobre catro rodas, na Rúa

Sesenta clásicos participaron no XII Rali de Invierno que chegaba a Valdeorras no mediodía do 20 de febreiro

Numerosos Porsche (o máis antigo de 1959), un Mercedes 190 SL de 1955, un Austin Healey MK II de 1961, un Jaguar E Type 4.2 tamén de 1961, e así ata sesenta clásicos deportivos, participaron na XII edición do Rali de Invierno que no mediodía do sábado 20 de febreiro facían parada na Rúa, con controis de chegada e saída, e tamén xantar servido pola organización (Rali Club Invierno) na Casa da Cultura.

O primeiro en chegar ao control situado enfrente da Estación de Servizo, ás 13:31 horas, era o número un da carreira, o máis antigo e un dos máis fermosos que chamou a atención de numeroso público que se achegou ata a rúa Doutor Vila onde os vehículos participantes permaneceron ata a saída. Trátase cun MG PB de 1935 chegado dende Matosinhos (Portugal) con Agostinho Macedo e Luis Gonçalves ao volante.

De Porto son moitos dos participantes neste rali, no que tamén compiten coches de toda Galicia, Oviedo, Pamplona, Xixón, Madrid, Ávila e tamén Lisboa, sendo Paula Pinto (V.N. Famalicão) a única muller piloto participante, con Pedro Ramos como copiloto ao volante dun Opel 1904 SR.

O coches chegaban á Rúa despois de completar o tramo da mañá pasando por lugares como Vilariño de Conso ou Manzaneda e contiuaban pola tarde rumbo a Larouco, O Bolo, Viana, Pinza, Pixeiros e A Gudiña. Dende aí, xa en tramo aberto os motores resoaron pola autovía ata o Hotel Casino de Chaves (Portugal) onde os esperaba a cea e entrega de premios que poñía o broche ao rali, cun percorrido por fermosas paraxes de estradas secundarias e curvas pronunciadas que todos loaron malia recoñecer a súa dificultade.

Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button