En portadaÚltima hora

Avances no proxecto de ampliación do polígono industrial da Raña (O Barco)

Polígono industrial da Raña (O Barco).

 

Crear máis solo industrial no Barco. É o obxectivo do proxecto de ampliación do polígono industrial da Raña no que vén traballando nos últimos anos o Concello do Barco e que podería ser pronto unha realidade. Nesta proposta elaborada polo grupo de goberno municipal a cuarta e a quinta fase do parque desaparecen. Óptase por crear solo industrial nunha parcela duns 125.000 m2, destinada nun principio a vivendas, e que non se ve afectada polo plan hidrolóxico. Isto implica unha modificación do plan parcial do parque, para a cal o Concello remitía, no pasado xuño, a documentación necesaria ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

 

O alcalde do Barco, Alfredo García./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Este tema está moi avanzado e ao longo do mes de marzo notificarásenos o inicio do procedemento para sacar a concurso a redacción da modificación do plan parcial do polígono de cara a transformar o solo residencial en solo industrial. Iso permitiríanos ampliar de maneira importante o polígono industrial do Barco”, asegura o alcalde barquense, Alfredo García.

Unha vez se aprobe esa modificación, xa viría unha segunda parte, que sería a urbanización dese novo solo industrial barquense.

 

Artigos relacionados

Back to top button