
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activado o aviso amarelo por tormentas e pedra para o vindeiro domingo 13 de xuño na provincia de Ourense a partir das 12h. e ata as 23h. No caso da montaña de Ourense e de Valdeorras hai previsión tomertas, de chuvias cunha precipitación acumulada nunha hora de 15 mm e previsión de pedra, cunha probabilidade entre o 40-70%, segundo Aemet.
Tamén se prevén tormentas e posibilidade de pedra no resto da provincia.