EconomíaEconomíaÚltima hora

Axudas de 1.000 euros para a hostalaría de Quiroga

Rúa central da vila de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Quiroga vai asinar un convenio con Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia para colaborar economicamente cos autónomos e pequenas empresas que tiveron que pechar o seu negocio con motivo das medidas sanitarias adoptadas pola Xunta de Galicia en xaneiro.

“A maioría dos industriais locais que solicitaron as axudas convocadas pola Xunta de Galicia para axudar a hostalaría e a restauración, terán a maiores un complemento como axuda do Concello de Quiroga. Serán preto dunha trintena os establecementos – os que cumpren cos parámetros marcados na normativa da Xunta de Galicia – os que reciban este complemento de 1.000 €”, tal e como anuncia o Concello.

Con esta nova axuda o Concello de Quiroga pretende, en palabras do rexedor local, Julio Álvarez, apoiar a un sector estratéxico que serve para manter a economía e a paz social do municipio. Esta axuda económica forma parte do I Plan de Axudas do Concello de Quiroga para traballadores autónomos e empresarios que tiveron que pechar os seus negocios e empresas afectados pola crise da Covid-19. A primeira parte deste plan consistiu na exención do pago do recibo da auga e lixo do primeiro trimestre do 2021 a aqueles establecementos que tiveran que pechar polas medidas sanitarias da pandemia.

A segunda parte deste plan municipal, a parte económica, son os 1.000 € que recibirá cada establecemento tras a firma do convenio con Vicepresidencia.

Artigos relacionados

Back to top button