En portadaÚltima hora

Baixan a 28 os casos activos de Covid en Valdeorras

Vista parcial de Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Descenso na curva do Covid-19 en Valdeorras. A comarca rexistra 28 casos de coronavirus, o que supón 4 menos que o pasado sábado 1 de maio, segundo os datos comunicados neste luns 3 de maio polo Sergas.

No relativo ao Barco mantéñense as cifras, é dicir, continúase con 15 positivos; mentres que en Carballeda de Valdeorras hai 1 caso menos con respecto ao sábado, o que supón un total de 6 positivos.

Ademais A Rúa, que agora tiña 1 positivo, queda libre de Covid. Tamén baixa Petín que ten 2 positivos (2 menos que o sábado), mentres Vilamartín segue con 3 positivos e Rubiá continúa con 2 positivos.

Artigos relacionados

Back to top button