Tal como vén facendo case dende que a pandemia chegou a Valdeorras, o Concello da Rúa informa periodicamente da situación do municipio en canto a positivos por coronavirus.
“A situación permaneceu estable nestas semanas e, por este motivo, agardamos ata que houbera algunha variación para publicar os datos actualizados”, explican, asegurando que a día de hoxe, 21 de maio, “son 4 os casos activos por coronavirus no municipio, os cales non revisten gravidade e dous deles xa están a piques de curarse”.